Sunday 19 de May de 2024

O programa estatal ‘A Administración preto de ti’ chega a Miño o vindeiro mércores


• As persoas interesadas poderán acudir o mércores, 15 de marzo, ao centro social da Rúa a partir das 11:30 horas.

Miño acollerá o vindeiro mércores, día 15 de marzo, a iniciativa A Administración preto de Ti’, organizado pola Subdelegación do Goberno coa colaboración do Concello.

Na xornada, aberta ao público, asesoraranse e resolverán dúbidas cos trámites e xestións máis habituais coa administración electrónica. Ademais, unha vez finalizada a charla, ofrecerase aos asistentes a posibilidade de obter un certificado electrónico, ata un máximo de 45, en concreto o expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre xa que é o que outorga posibilidades de interacción coas Administracións públicas.